xoves, 27 de outubro de 2022

Visita do POIO-ARTAI

     Hai uns días tivemos unha visita na sesión de Educación física. Un adestrador do Balonmán POIO-Artai achegouse ao cole para facer unha sesión de aproximación a este deporte co alumnado de quinto e sexto. 
     Gozamos moito destas visitas que nos ofrecen os clubes na procura de canteira , e aproveitamos para falar da importancia das actividades extraescolares deportivas. Novos amigos,valores deportivos, un ambiente didáctico saudable son o complemento imprescindible na formación integral dos nosos peques. 
      Aquí vos deixamos algunha fotiño dese día, e dámoslle as grazas a Aitor polo seu tempo e ao POIO-ARTAI por visitarnos!!!